FIANDO

final-estudio-2Algunhas persoas curiosas cando ven o que pinto adoitan preguntarme, ¿pero esto como o fas, o imaxinas? Ben, é un pouco mas complexo, contestolles, pero si, a imaxinacion e a inspiracion van a miudo da man. Se gustades, vouvos contar dunha forma moi resumida como foi o proceso creativo desta pintura que vedes, pero xa vos adianto que cada pintura ten o seu propio proceso, a sua propia historia.

desde-el-castro

Unha tardiña de inverno rondaba polo castro de Noicela preto de Razo buscando non sei ben que, cando tropecei cunha pedra que parecia haber caido do pequeno bastión que reforza o que queda da modesta muralla, agacheime para vela, e sorpresa! un Bró. Canto tempo agardando por uns destes pequenos muiños da prehistoria e velaí o tiña, é certo que houbera preferido un dos vellos muiños barquiformes para miña colección e non coma este circular, (traido polos fenicios según calculan os arqueólogos), pero non iba a queixarme, non.

Senteime con degoro a contemplalo baixo duns loureiros e o alzala vista novamente fiquei doblemente sorprendido, diante de min un grupo de mulleres, nais, aboas e nenas cantaban contos e historias mentres pasaban a tarde fiando, tal como quedou pintado. Ben, se cadra, non era exactamente así , pero non diferia moito.

Hasta aquí chega toda a maxia que pode haber no proceso creativo, pero agora queda todo o traballo para darlle forma, así que vaiamos por partes. Non hai dubida que o encontro con este castro tiña sido fecundo dabondo, polo tanto habia de respetar o fermoso escenario que se abría dende estes loureiros ata o val de Noicela, coa praia de Razo ó fondo neste recollido tramo do golfo Artabro. Pero dende logo non nun dia coma este, frio, humido e ventoso. Voltaremos cando chegue a primaveira. Namentres empecei a buscar informacion sobor do proceso de fiado da lá e do liño, algo totalmente descoñecido para un urbanita coma min, o cal foi en si mesmo algo enormemente gratificante.

Pintar ademais de ser unha actividade, como imaxinades, enriquezedora no amplio sentido do termo, permíteme achegarme a outros campos os que zicais o azar nunca me levaría, mundos olvidados, alonxados do noso, irrelevantes ós ollos dos homes e mulleres actuais. Contactei cunha asociacion cultural de Vimianzo centrada na recuperacion da memoria dos procesos artesanais que leva aparellado o traballo do tecido, para que no posible eles me instruisen e se cadra encontrar algun modelo que “nin pintado”. Gustame retratar a xente que se preste para as miñas teas e si poden estar dalgún xeito vencelladas co tema, moito mellor. Desta volta non tiven sorte neste senso con eles pero si que me ofreceron xenerosamente, ademáis de valiosa informacion, uns cantos obxetos propios das labouras tradicionais do fiado, tales coma fusos, rocas, lá, etc…

PICT8944

Aquí lavando a lá. Vaia traballiño!

choza-004

Rocas moi primitivas.

PICT9138

Miña muller co fuso e maila roca intentando fiar.

PICT8993

A miña sogra, que como ben se ve era a entendida.

A composición fíxena combinando dous métodos ben diferentes: – Primeiramente fixen diferentes debuxos de mulleres, vellas e nenas centrado nas poses que consideraba axeitadas, a mediados de maio voltei polo castro e traballei no sitio buscando o mellor encuadre.

boceto-primeros-dibujos

Estes son algúns daqueles primeiros debuxos.

O seguinte foi buscar os verdadeiros protagonistas da pintura, xente real a que adoito retratar partindo moitas veces dende bocetos e poses, cando non das propias fotografías que fago deles.

PICT9610

Maria, unha das miñas pequenas alumnas. Lapis acuarelable/papel.

paternos-001

paternos-004

Lucia e Carlota o “comodin” da familia. Elas sempre encantadas de posar para min.

paternos-008 Lucía de novo, lapis/papel.

PICT8917

Unha vella maxinaria.

DSCF1247

Estoutra que fotografiei facendo o camiño de Santiago, e que seguramente non sabera cal foi o uso daquelas imaxes. Da cal tirei este debuxo.

PICT8914

velliña galega fiando, lapis/papel.

E por suposto a fermosa vista dende o castro de Noicela. Tamen lapis/papel.

val-de-razo-e-Noicela

En fin e moitas outras persoas e personaxes que quedaron encadradas no boceto definitivo, ou que se perderon polo camino…. A todos eles: Gracias.

segundos-dibujos

Con todo este material compuxen en «fotochop» variados encadres e bocetos ate quedar enteiramente satisfeito. Estes son unha breve mostra :

dende-o-castro-4- Boceto 1º , fotomontaxe en photoshop.

dende-o-castro-3-copia Boceto 2º , fotomontaxe en photoshop.

E por fin o definitivo, neste caso xa completamente debuxado sobre a tea.

PICT9452 Boceto final , lapis / tea.

¡A pintar!

Empezamos por “manchar” toda a superficie do lenzo.

PICT9457

Ata deixalo todo cuberto de pintura.

PICT9459

Unha vez dispostas as cores, comenzamos a perfilar as personaxes.

PICT9474

Facemos un tanto de reflexión… e volta a comenzar, mais pintura por aquí e por alá, os tons, os contrastes , as armonías, un universo enteiro dentro dunha tea.

PICT9516

E difícil detallar os cambios, as modulacions das cores, as pequenas e grandes variacións tonai. Con franqueza podo dicirvos que non sei ben como o fago, supoño que é cuestión de ir poñendo e quitando axeitadamente. Isto non me gusta, aquilo si, logo déixoo; reforza este contraste, conxuga as armonías, etc… compre manter sempre presente a idea de partida, o obxetivo digamos, para non perderse polo camino.

PICT9526

E por fin xa vai milagrosamente quedando, gústame!

PICT9539

Para conseguir una pintura destas características, cunha moi boa profundidade de cor e forza na luz, o segredo está na superposición de capas semitrasparentes, as áreas escuras levan máis capas que as claras, tendo presente que o branco da tea tamén fai o seu traballo como ben sabían os tenebristas do barroco, así visto parece fácil, non o é, a min levoume anos chegar ata eiquí. Firmamos e vamos vestir a nosa dona.

O resultado, a vista esta. Sen dubida mereceu a pena todo o traballo.

fiando-con-marco Fiando, óleo/ tea. Marco de madeira lacada.

21650499 copia

Deja una respuesta