BREOGAN, o rei Crisol

el rei crisol

Levaba xa algún tempo enredado nunha lectura polo miudo do Lheabor Gabhala Eirean, ou o Libro das invasións de Irlanda, centrado particularmente no tocante os Milesios (capítulo XI da edición de Ramón Sainero) pero de certo que non me atrevía a tocar un retrato dunha personaxe tan senlleira coma a de Breoghán. Facerlle xustiza a un home dunha magnitude mitolóxica coma este é francamente comprometedor.

Comencei buscando por internet haber se alguén se houbera animado a plasmalo, e o resultado foi de escaso a nulo, ¡vaia! Non esperaba encontrar moreas de imaxes pero tan pouca cosa… Non había máis opción, fose como fose tiña que facelo.

Os rasgos da personalidade xa os tiña claros, nobreza, coraxe, forza. Agora o delicado era máis ben encaixalos nun rostro no que combinar a brutal enerxía que desprendía o guerreiro fundador de Brighantia, ala polo seculo oito ou nove B.C. co carácter da raza dos Gaels. Logo estaba a vestimenta, atributos ornamentais da sua dignidade, o entorno, a luz, etc…

Comecei por facer un “casting” de personalidades relevantes que poideran aglutinar algúns dos rasgos psicolóxicos máis salientables imputables o noso Chieftain dende o meu entender. E fun encontrándoos en Reinhold Messner, Sebastien Chabal ou mesmo Xosé Manuel Beiras, ademáis de outras persoas máis ou menos anónimas, coa peculiariedade todas elas de levar unha vida que poderíamos calificar de loitadores outsiders. Xente feita a se mesma, radicais defensores da súa independencia.

Unha vez que tiven minimamente craro coma había de ser o meu protagonista, busquei un sitio para dispoñelo, non encontrando outro mellor que ós pes da súa torre. Hoxe en día transformada polo imperio Romano na Torre de Hércules. E ben, teño que confesar que non encontrando quen me quixera posar co sago improvisado que busquei para a ocasión, posei eu mesmo. Pero que ninguén bote conclusións equivocadas, o único que teño en común coa magnífica personaxe retratada e a fíbula…

eu-gaelaico

Autoretratos tentando meterme no papel.

Os primeiros bocetos naceron do cruce de todos os datos anteriores nunha especie de “brain storming” ou tormenta de ideas como din os publicistas.

o-rei-crisol

Bocetos a lapis do rei crisol.

A partires de aquí o tema concretouse definitivamente, podendo facer o boceto final directamente na tea.

boceto-o-rei-crisol-tela

Boceto do rei crisol lapis/tea.

Imos alá! Coma sempre “manchar” toda a tea canto antes, empezando polo entorno xa que a valoración tonal dependía da calidade do negro que poidera alcanzar.

PICT8370

O fondo había de quedar rematado antes que a forma, deste xeito podería calcular mellor a calidade da sombra e da luz a un tempo.

PICT8538

Dado que a maior forza do retrato estaba no rostro, dediquei bastante tempo a fixar unha mirada á altura das miñas expectativas.

El-rostro-de-Breoghan

Despois o resto do corpo, xunto coa indumentaria, xoias e atributos propios da súa dignidade.

para-remate

A partires de aquí busquei conscientemente avellentar toda a pintura coma se fose un retrato antigo superpoñendo capas de pintura trasparente, nós chamámolo veladuras, o cal trae como consecuencia que a superficie do lenzo absorba moita máis luz, “reténdoa dentro”, e polo tanto creando a sensación dunhas profundas tebras, a maneira dos tenebristas Caravagio e similares.

O-Rei-Crisol,-Breoghan

Paradoxicamente para expoñer unha obra destas características non se precisa de tanta iluminación coma noutras máis luminosas, pois o exceso dela ocasiona efectos indesexables nos cromatismos, xa volo mostrarei. Punto final. Firmala, vestila e namais.

_DSC0016

O Rei Crisol, Breoghán, óleo/ tea.

A fotografía anterior da pintura fíxena no meu estudio con luz artificial fluorescente, tamén lle cae ben calquera outra incandescente ou aloxena, máis non a expoñas á luz do día máis ala de 5000 grados kelvin pois conseguirás este resultado. Se cadra tamén che gusta, pero para min está sobresaturada de cor. Para min esta pintura é un pequeno fito no doce vagar polo meu universo creativo.

 

Deja una respuesta