ARTABROS

Os Artabros foron unha tribu celta Gaelica que habitou na idade de ferro o noroeste da provincia da Coruña.

O seu nome traducido do idioma gaelico significa Barcos de Pedra (ver artículo).

Con esta pintura fago unha homenaxe os vencellos que perduran entre os Artabros de antes e os meus compañeiros do clube de montaña Artabros.

barcos-de-pedra-con-marco

 

Fai xa algúns anos, cando facía a carreira de conservador de bens culturais a nosa simpática profesora de iconografía espetounos o primeiro día de clase: “Señores, os únicos celtas que hai na historia de Galiza son os do Celta de Vigo, todo o demáis son fantasías románticas dos escritores do Rexurdimento».

Ufff!!… Indiscutible dende a sua posición académica.

Mais eu, coma outros que alí estudábamos nunca terminamos de crelo de todo. Co tempo, terminei os estudos e xa algo máis desafogado comecei a pintar poñendo como eixo da miña inspiración a celticidade que creo me caracteriza. Máis este sentimento ampliamente compartido nunca estivo reñido cun rigor que adoito esixirme noutros eidos parecéndome que había de encontrar unha base sólida na que fundamentar o meu universo creativo e me propuxen investigar que podía haber de certo tras do mito da suposta celticidade galaica.

Daquela investigación naceu esta pintura titulada “barcos de pedra” que cedín o meu clube de montaña, de nome Artabros para máis señas, e varios artigos que vos presento no menú do blog donde profundizo neste controvertido tema, se tedes curiosidade, non dubides en lelo.

Velai o resultado co marco de madeira e cordas trenzadas no tríptico dos Artabros. Óleo/tea.

2

 

 

                             ∗            ∗            ∗

Deja una respuesta