Sesín é un regato mentireiro e cantarín que peitea súas augas o Eume.
No máis recondito do Németon, rodeando ó outerio rochoso onde se encontra o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, a luz filtrase velada entre a bóveda da fraga, quebrando cos reflexos da auga a escura serenidade deste río sempre adolescente.
E entre salto e salto, hai remansos de pozas de augas puras e incertas, fogar de fadas e libélulas onde os meus pasos curiosos me levan na procura da maxia dunha natureza cíclica e inmutable, estación tras estación.
Se algunha vez atinas a dar co sendeiro que sobe hasta alí, denantes de penetrar no recinto onde elas viven dende moito antes ca ti, para un instante e reflexiona; calquer mal paso pode destruir a mais delicada xema que a Deusa Nai tivo a ben concevir, e onde non o dubides, cada pedra, cada folla, cada brillo ocupa o seu sitio exacto.
As fadas. Eumer e Sesín. Óleo / tea. 100 cm x 120 cm.
e co seu marco de madeira, aluminio e birutas tintadas.