FILLOS DA MAR.

Tartañan KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERAAndiven estes dias por Santa Mariña, onde teño alguns amigos que se criaron entre cons e salitre, coa mirada sempre cara o mar. Naquela terra esgrevía, tan brava coma fermosa, está o corazón da Costa da Morte, e naquelas beiras minimas, arrincoadas entre os penedos da Serra Forcada e o peito do batente mar sobreviven os últimos Artabros.

Os que eu coñezo son xente diferente; alegres, recios e sinxelos, mais tamén acolledores, nobles e orgullosos, nunca lles escoitei unha queixa ainda que están afeitos a xogarse a vida todolos dias para quitarlle o sustento o mar, como levan fazendo xeración tras xeración dende que ninguén acorda.

Esta claro que son doutra madeira, por eso, cando estou con eles síntome pequeno entre grandes e eso me gusta, tanto coma percorrer as furnas abertas nos cantis que dan forma as fauces do xigantesco dragón que os cría, prótexe e as veces devora, igual que bástagos de cocodrilo, igual que os nacidos da serpe.

Para calquera que guste das emoción intensas, de xentes auténticas, e dunhas paisaxes vires e primixenias das que xa apenas restan nesta terra, que vaia fazendo amigos por Camelle, Arou, e Santa Mariña. Eu ando haber si os camelo pra metelos nunha pintura…

Deja una respuesta